

Había que poñer o ramo a esta actividade e que mellor maneira que ir visitar o centro de Ourense e que logo eles veñan visitarnos a nós.
Pois ben este pasado xoves fomos invitados nós ao instituto de Ourense.
Primeiro recibiunos a súa directora, deunos a benvida e logo nos recibiron os alumnos cos que nos carteamos, ofrecéndonos eles mesmos unha sesión de baile moderno, moi inspirado no reality "Fama".
Logo fixemos un percorrido polo centro histórico de Ourense guiados polos propios alumnos orensáns.
Tivemos un día moi apracible, con pouco sol, cousa que é de agradecer nestas épocas en Ourense.
Posteriormente leváronnos a unhas termas, as de Outariz, e alí comimos fraternalmente todos os alumnos, alumnas profes e profas dos dous institutos. Pola tarde recompuxemos os nosos corpos entrando e saíndo das pozas de auga quente e fría. Quedamos todos moi relaxados, preparadiños para estudar os exames finais que se aveciñan.
Ourense, venres 4 de xuño de 2009. Leandro García Bugarín.


No hay comentarios:
Publicar un comentario