martes, 4 de marzo de 2014

A BIBLIOTECA CELEBRA O ENTROIDO




























O GRUPO DA BIBLIOTECA quixo tamén celebrar o seu particular entroido e enmascarou moitas das máis insignes escritoras e escritores da literatura universal, incluídos autores da literatura castelá e mais da literatura galega. Tratábase de identificar quen estaba detrás dos coloridos antefaces e algúns... non resultaban tan doados de adiviñar, houbo que botar man de internet.
Houbo tamén que adobiar para o entroido a cafetería, habida conta de que as nosas compañeiras Celia e Tina son tan festeiras.
Agradecemos ao alumnado de 3º D, coordinados polo Equipo da Biblioteca, a súa colaboración.

No hay comentarios: