
O pasado día 14 de marzo, no cine Salesianos da nosa vila, levouse a cabo a oitava edición do concurso SPELLING BEE, organizada polo centro de estudos SCHOOLHOUSE de Vigo para todos os centros da cidade e da súa comarca. Os nosos alumnos ARIEL MEANA e mais DIEGO EXPÓSITO, ambos os dous de 3º ESO B, auspiciados polo DEPARTAMENTO DE INGLÉS, representaron o noso centro e tiveron unha moi digna participación entre o total dos 62 estudantes que se presentaron; pero desta vez escapáronsenos os premios. Outro ano será! Noraboa pola vosa participación, rapaces!
A seguir soletreando en inglés!
A seguir soletreando en inglés!
No hay comentarios:
Publicar un comentario