
Do día 30 de xaneiro ao 4 de febreiro, os alumnos de 2ºA estivemos de viaxe na estación de esquí de Valgrande-Pajares, en Asturias, aprendendo un pouco deste deporte normalmente inaccesible para nós. Desde o luns, segundo día de viaxe, todas as mañás colliamos botas, luvas e traxes de neve e subiamos á estación. Despois de dous días de familiarización cos esquís e bastóns nunha parte bastante chá, chegou o momento de subir ás pistas de verdade. O certo é que, se non te caes moito, é un deporte divertido e emocionante, que canto máis dominas máis che gusta, aínda que chega a ser frustrante ao principio.
Pero non todo foi esquí. Polas tardes e noites faciamos actividades programadas polos monitores de tempo libre que nos acompañaron. Houbo de todo: noite de historias de medo, bromas, xogos colectivos…
Cando chegou o venres da volta a casa, estabamos cansos, pero contentos pola experiencia.
DIEGO MOJÓN (2º ESO A)
No hay comentarios:
Publicar un comentario