viernes, 15 de julio de 2011

OBRAS DO GUPO DE TEATRO DO IES CARLOS CASARES NO CURSO 2009-2010


O grupo de teatro do instituto funciona dende hai dous anos. Nel pódese apuntar calquera alumno que o desexe e as clases son tódolos luns de tres a catro e media.

O noso profesor é JUAN LOIS REY, é el quen nos ensina a interpretar, dirixe as obras e sobre todo fainos rir.

O curso pasado, o grupo de teatro interpretou dúas obras, unha o día das Letras Galegas e outra en fin de curso.

A primeran titulábase "Non hai ladrón que por ben non veña" e foi interpretada por DANIEL ALONSO, SARA CASTRO, ANA COMESAÑA, CLARA COPENA, PABLO COPENA, CARLOTA FREIRÍA e SAMUEL RODRÍGUEZ. Trataba dun ladrón que entraba a roubar nunha casa e víase enredado nunha liorta entre parellas da que tenta saír con non poucas dificultades. Foi unha comedia de enredo graciosa e divertida. Os actores, aínda que trabucándose e improvisando algunhas cousiñas, fixérono estupendamente ben e pasárono mellor aínda.

A segunda titulábase "Los muertos se facturan y las mujeres se desnudan" e nela actuaron CELIA ALONSO, SARA CASTRO, ANA COMESAÑA, PABLO COPENA, YAGO GUIRADO, NATALIA MARTÍNEZ, MARCIAL RODRÍGUEZ e mais EU. Contaba a historia dunha xastrería na que comezan a aparecer unha serie de cadáveres devoltos porque foran facturados a destinatarios inexistentes. Eu personalmente creo que nos quedou moito mellor do que esperabamos e dende logo divertímonos moito facéndoa.

Este ano volveremos actuar a finais de curso e esperamos que vos guste e vos anime a apuntarvos para o ano que vén e vexades o que se disfruta dende dentro do teatro.


TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (1º BACH F)

No hay comentarios: