jueves, 14 de julio de 2011

3º DA ESO EN GANDARÍO, 2010



Os alumnos e alumnas que agora estamos en 4º da ESO, o ano pasado fomos de excursión de fin de curso ó Albergue Xuvenil de Gandarío. Estivemos alí dende o 24 ó 28 de maio. Cando chegamos alí, dividíronnos en dous grupos: Planeta Litoral 1 e Planeta Litoral 2. Estivemos con outros rapaces e rapazas de Boiro. Fixemos moi boas migas dende o primeiro momento. Había dormitorios de 5 ou de 6 alumnos.
Fixemos moitas actividades. Entre elas vela, sendeirismo, fomos en catamarán, estivemos nas rías de Ferrol, Ares, Betanzos... Un dos días tamén estivemos nun laboratorio facendo experimentos con area e cunchas. Todas as noites faciamos xogos no exterior. Fixemos unha caminada polo monte, ata chegar a unha cima onde había un museo. Foi a peor actividade de todas, porque á parte de chover, tivemos que andar moito.
Todos os día nos espertaban coa canción de: “Eu quero marcha, marcha, eu quero marcha, marcha, ti queres, marcha”. Polas noites había unha reunión co director do campamento que nos preguntaba as novas e felicitaban ou rifaban polo noso comportamento.
O último día regaláronnos unhas camisetas que todos firmamos para telas de recordo. Con algúns dos rapaces e rapazas de Boiro aínda temos algún contacto, mesmo algún de nós foi en verán a facerlles unha visita.
A despedida foi bastante emotiva, collémonos moito cariño uns os outros. En definitiva, foi unha moi boa excursión.

ANDREA LÓPEZ e ANTÍA LÓPEZ (4º ESO B)

No hay comentarios: